xoves, 26 de outubro de 2023

Casas encantadas

O Samaín xa está aquí e hoxe adicámonos a rematar as nosas casas encantadas, repasando así as estancias da casa que traballamos fai unhas semanas.

martes, 24 de outubro de 2023

O corpo humano

Continuamos co noso traballo sobre o corpo humano, desta vez usando as nosas siluetas para identificar as partes do corpo.

De momento estámonos debuxando.

A ver se adiviñades quen é quen! (Ollo, faltan siluetas por facer).

venres, 20 de outubro de 2023

22 de outubro, día do Síndrome Phelan-McDermid

O 22 de outubro é unha data moi especial: é o Día do Síndrome Phelan-McDermid.
E hoxe tivemos a visita de Pilar, a mamá do noso compañeiro Aldán.

Contounos un conto moi bonito sobre uns saltóns que levaron unha pequena sorpresa cando esperaban a que o seu ovo eclosionase...

Gracias, Pilar!

xoves, 19 de outubro de 2023

Un becho estraño

Iniciamos o estudo do corpo humano contando o conto "Un becho estraño" e despois creando o noso propio becho.


Aquí o resultado:

E despois de tanto traballo, un pouquiño de xogo nunca vén mal...