venres, 6 de outubro de 2023

Traballamos a atención e a conciencia fonolóxica

Bos días,

en primeiro xa estamos rematando de traballas as vogais e, para continuar co traballo de conciencia fonolóxica, onte fixemos un xogo para practicar o fonema /p/, que será a primeira consonante que imos aprender.
Ademáis de traballar este fonema, con este xogo estamos a traballar a representación espacial ao ter que seguir unhas frechas para chegar ao destino correspondente.

Para repasar as letras xa aprendidas practicamos o seu trazo unha vez máis con estas plantillas (lémbrovos que traballamos ca letra de imprenta ou script e non coa ligada).

E traballamos tamén a atención focalizada e a planificación con este pequeno xogo no que temos que reproducir un "debuxo":

Ningún comentario:

Publicar un comentario