venres, 24 de novembro de 2023

Practicamos o trazo e aprendemos coa calculadora

 

Hoxe practicamos o trazo das letras de dúas formas: primeiro escribíndoas na mesa axudándonos dunha pauta moi orixinal e despois cun xogo de adiviñar as letras servíndonos só do sentido do tacto.    










E rematamos a sesión xogando ao Mikado. Primeiro xogamos só a gañar conseguindo a maior cantidade de pauiños, mais despois subimos de nivel tendo que anotar os puntos de cada pau e sumando usando a calculadora.

















xoves, 23 de novembro de 2023

Aprendemos como os maiores

 Hoxe seguimos formando o número 10 e traballando a propiedade conmutativa, pero desta vez lendo as regletas e anotando na libreta as operacións correspondentes. Aproveitamos e comezamos a practicar para ter unha libreta organizada e limpa como os maiores:










E en Ciencias continuamos elaborando o noso lapbook, desta vez cun puzle sobre as partes do corpo e os nomes dos dedos en galego.





mércores, 22 de novembro de 2023

Conmemoración 25N

 Continuamos conmemorando o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, nesta ocasión escribindo nun lazo,cos nosos amigos e amigas de Infantil, palabras contra a violencia.


Axudámoslles a escribilas e despois escribímolas nós.













As partes do corpo humano

 Hoxe continuamos co noso lapbook sobre o corpo humano, desta vez traballando as distintas partes do corpo.






martes, 21 de novembro de 2023

luns, 20 de novembro de 2023

Un conto moi especial

Hoxe a nosa profe Vero liunos un conto chulísimo. 
E despois comezamos a colorear un debuxo colaborativo que fixo Vero.

Que profe tan creativa temos, non si?
Ímola botar moito de menos!