martes, 5 de decembro de 2023

Chegou o Nadal

E chegou o Nadal ó cole!

Xogamos a crear as letras e algo máis

Hoxe xogamos a montar as letras e algo máis...

En busca de Coco

Onte chegounos un vídeo moi preocupante: un malvado atrapou a Ratón Odón, o protagonista dun conto que nos leu Vero. E puxémonos mans á obra para rescatalo, seguindo pista tras pista.


E velaquí a nosa nova mascota da Biblioteca!

Entre todos e todas decidimos o seu nome: Coco.

venres, 24 de novembro de 2023

Practicamos o trazo e aprendemos coa calculadora

 

Hoxe practicamos o trazo das letras de dúas formas: primeiro escribíndoas na mesa axudándonos dunha pauta moi orixinal e despois cun xogo de adiviñar as letras servíndonos só do sentido do tacto.    










E rematamos a sesión xogando ao Mikado. Primeiro xogamos só a gañar conseguindo a maior cantidade de pauiños, mais despois subimos de nivel tendo que anotar os puntos de cada pau e sumando usando a calculadora.

















xoves, 23 de novembro de 2023

Aprendemos como os maiores

 Hoxe seguimos formando o número 10 e traballando a propiedade conmutativa, pero desta vez lendo as regletas e anotando na libreta as operacións correspondentes. Aproveitamos e comezamos a practicar para ter unha libreta organizada e limpa como os maiores:










E en Ciencias continuamos elaborando o noso lapbook, desta vez cun puzle sobre as partes do corpo e os nomes dos dedos en galego.