venres, 29 de setembro de 2023

Moitas cores!

Os nosos elefantes comezan a saír do forno e quedan tan estupendo como podedes comprobar.
E continuamos co noso elefante Babar, desta vez traballando o puntillismo cos diferentes animais que asistiron á súa voda.

mércores, 27 de setembro de 2023

Traballamos a atención.

E para finalizar a xornada, traballamos a atención, a memoria, a planificación, a lectura e a escoita atenta.
Cantas cousas!
Os maiores len aos de primeiro instrucións sobre como colorear un debuxo, ao mesmo tempo que eles teñen que seguir as súas propias indicacións para o seu debuxo.
Que complicado...!


O noso proxecto toma forma!

Hoxe comezamos a crear as nosas personaxes, dándolles cor con plastilina.

A nosa casa

Bos días,

continuamos co noso traballo sobre a casa, desta vez elaborando un pequeno plano da casa de cada neno e nena.

Xa vedes que son uns artistas e unhas artistas!