miércoles, 24 de enero de 2018

A ALIMENTACIÓN

Durante o primeiro trimestre, como estivemos traballando o proxecto do corpo humano, traballamos moito sobre a alimentación e sobre os hábitos saudables.
Visitounos a nutricionista Susana Rodríguez e os nenos aprenderon moitísimos sobre os alimentos e hábitos alimenticios! Moitas grazas Susana polo teu traballo! Os nenos quedaron encantados con todo o que aprenderon :)






Fixemos tamén talleres de cociña saudable, onde os nenos/as aprenderon a facer platos saudables e moi apetitosos con froita!



















Aprenderon tamén a clasificar os alimentos segundo o tipo ao que pertencen e xa saben o que nos aporta cada un.




Aprenderon tamén a canción de "Come vexetais!", que lles encantou !




E por último, e coa chegada do Nadal, e grazas á colaboración dos pais e nais e da nutricionista Susana, fixemos un taller de riquísimos postres saudables.



















Moitísimas grazas a todos/as pola vosa colaboración porque sen vós este tipo de actividades non sería igual e felicitar á mestra Raquel polo ben que o fixo en todo o traballo da alimentación con trasnos :) Botámoste de menos!




OBRA DE TEATRO "LÁGRIMAS DE COCODRILO"

O pasado 14 de decembro, os trasniños e os transnos fomos de excursión a Coruña, ao Fórum a ver a obra de teatro "Lágrimas de cocodrilo" e o pasaron de maravilla e riron moitísimo!!!