martes, 30 de xaneiro de 2024

Os hábitats dos animais

Continuamos co noso proxecto sobre os animais, traballando os hábitats. 
Desta vez faremos maquetas recreando o hábitat do noso animal.
Primeiro elaboramos o borrador e despois traspasamos o debuxo a unha caixa.

Van quedar chulísimas!

Día da Paz

Polo Día da Paz falamos de Rosa Parks, unha auténtica defensora dos dereitos civís e a igualdade entre persoas.

E a continuación démoslle cor a un retrato xeométrico da nosa protagonista. 

xoves, 18 de xaneiro de 2024

Xogamos cos animais

Hoxe démoslle solución ao reto da semana que dicía "Que come a píntega?"
Aprendemos que son moi beneficiosas para o medio natural e que, ao contrario do que din as lendas, non son velenosas.

Tamén descubrimos o reto novo da semana  e aproveitamos que nos sobraban uns minutiños para xogar un pouco a emparellar animais coa súa pegada e a emparellar macho e femia.

mércores, 17 de xaneiro de 2024

Consumo enerxético responsable

Hoxe viñeron darnos unha charla sobre consumo enerxético responsable e aprendemos un montón. Xogamos cun bot y pintamos unha lámpada con pintura fluorescente!

venres, 12 de xaneiro de 2024

Granulado nas nosas costas

Levamos toda a semana falando do xa famoso granulado que invade as nosas costas e hoxe adicámonos por completo na tarefa lendo diferentes noticias sobre o tema.
Descubrimos que o granulado leva contaminando os nosos mares dende o 2011!!

E aproveitamos para traballar a noticia e a busca e selección de información:





martes, 9 de xaneiro de 2024

luns, 8 de xaneiro de 2024

Entroido 2024

 Acaba de rematar o Nadal e xa estamos pensando na próxima festa!

O Entroido é a seguinte parada e este ano, tendo en conta a temática do proxecto Voz Natura "Flora e fauna autóctonos", imos ir disfrazados de polbo.

A continuación tedes unha breve infografía sobre como podedes facer o voso desfrace.

Estamos desexando ver as vosas creacións. Estamos seguras de que seredes moi, pero que moi orixinais!



Se clicades aquí podedes ver a imaxe con mellor calidade.


Continuamos coas nosas pesquisas

Hoxe xogamos moito e, ao final do día aproveitamos para continuar co noso proxecto "A vida que nos rodea".
Fixémonos preguntas e intentaremos respondelas ao longo deste trimestre.

Polo momento xa sabemos onde viven os gorilas, as xirafas, as cebras... Tamén que o elefante é o bebé máis grande da Terra, que a libélula de ventre plano pode medir 48mm e que o cachalote pode pesar 200 quilos!

Viñeron os Reis Magos!

Hoxe cando voltamos das vacacións de Nadal atopámonos cunha sorpresa estupenda: os Reis deixáronnos agasallos nas aulas e tamén na biblioteca!