mércores, 28 de maio de 2025

Xogando ca lóxica

Dentro do tema do Universo, hoxe fixemos un pequeno xogo de lóxica. E non se nos deu nada mal!


Rematamos a actividade coloreando con números unha paisaxe espacial.

martes, 27 de maio de 2025

A estructura da Terra.

Continuamos explorando o Sistema Solar, desta vez pensamos primeiro como cremos que é a estructura da Terra:
Para finalmente descubrir como é realmente a Terra por dentro.


Tamén fixemos un pequeno xogo para coñecer máis datos dos planetas.

luns, 26 de maio de 2025

mércores, 21 de maio de 2025

O Sistema Solar

Hoxe iniciamos unha nova aprendizaxe: o Sistema Solar.

Como actividade de introdución elaboramos un mural colaborativo, onde tivemos que coordinarnos moi ben para que os debuxos encaixasen despois.

Tamén fixemos unhas cámaras de fotos moi chulas.

Ximnasia do cerebro

Exercitar o cerebro é tan importante como exercitar os músculos, polo que estamos adicando pequenos anacos a facernos máis fortes.