xoves, 27 de febreiro de 2025

martes, 18 de febreiro de 2025

A coser

Voltamos ca costura, desta vez cosendo uns canciños ben repoludos. Traballamos a coordinación ollo-man, a atención e concentración, a motricidade fina e grosa e, por que non, a frustración, xa que coser non é tan doado e ás veces ese fío semella que ten vida propia. Xa vedes que é unha actividade moi completa e moi recomendable!

Co traballo de Entroido témolos pausados, pero retomaremos a tarefa en breve e, por suposto, amosarémosvos os resultados!

Taller de Entroido

Xa se nota no ambiente que o Entroido está cerca, asi que nos puxemos mans á obra cun taller a cargo dunha mamá do ANPA para preparar as nosas disfraces.

Como se alimentan e como nacen os seres vivos

Continuamos traballando no noso proxecto sobre os animais.

Xogamos a emparellar as nais cas súas crías e falamos da súa forma de reproducirse.



E tamén escoitamos o conto "Me comería a un niño" para despois facer un pequeno esquema onde recollemos os coñecementos que temos sobre os diferentes tipos de animais segundo a súa alimentación. Despois, fixemos un debuxo da parte que máis nos gustou do conto.