martes, 10 de xuño de 2025

Ficha de lectura

Acudimos á biblioteca para escoller un libro nin moi longo nin moi curto, lémolo e cubrimos unha pequena ficha de lectura.

A pasaixe

Rematamos o estudio da paisaxe aprendendo os diferentes elementos que a compoñen.
Aproveitamos para viaxar con Google Maps a través dos diferentes sitios do mundo. Vimos golfos, illas, penínsulas...

mércores, 28 de maio de 2025

Xogando ca lóxica

Dentro do tema do Universo, hoxe fixemos un pequeno xogo de lóxica. E non se nos deu nada mal!


Rematamos a actividade coloreando con números unha paisaxe espacial.

martes, 27 de maio de 2025

A estructura da Terra.

Continuamos explorando o Sistema Solar, desta vez pensamos primeiro como cremos que é a estructura da Terra:
Para finalmente descubrir como é realmente a Terra por dentro.


Tamén fixemos un pequeno xogo para coñecer máis datos dos planetas.

luns, 26 de maio de 2025