luns, 16 de decembro de 2024

Taller do Instituto Galego de Consumo

Venres convertémonos en pequenos elfos, aprendendo a identificar que símbolos precisan ter os xoguetes para ser seguros para nós.
Tamén debuxamos un xoguete propio e agasalláronnos cunhas ceras e unha pulseira!

mércores, 11 de decembro de 2024

martes, 10 de decembro de 2024

Taller de Nadal

Onte pasámolo xenial no taller de Nadal a cargo dunha mamá do Anpa.

Pintamos bombillas con purpurina e elaboramos os nosos propios adornos. Isto custounos un pouco máis, pero fixémolo xenial!

mércores, 4 de decembro de 2024

Chegou o Nadal!

O Nadal está á volta da esquina e nós puxémonos mans á obra.

Quedounos a clase marabillosamente decorada, non vos parece?