venres, 25 de outubro de 2024

xoves, 24 de outubro de 2024

Taller de Samaín

O luns desfrutamos dun estupendo taller de Samaín a cargo dunha mamá da ANPA.

Escoitamos un conto e fixemos unhas cabazas e uns fantasmas terroríficos!

Xogamos cas regletas

Tocou completar debuxos usando as regletas e calculando posteriormente o número que formaban entre todas.

mércores, 23 de outubro de 2024

Grafomotricidade e elaboración de oracións.

Hoxe en primeiro traballamos a grafomotricidad repasando diferentes trazos.

E en segundo, formamos historias para despois escribilas na libreta.

xoves, 17 de outubro de 2024

Camarero, camarero!

Esta semana traballamos moito.

Fixemos uns puzles do outono
Xogamos a emparellar órganos do corpo humano.
Practicamos as decenas e unidades
Comezamos a debuxarnos a tamaño real, para seguir profundizando no coñecemento do corpo humano

E montamos un bar de sándwiches, converténdonos en camareiros e camareiras e cociñeiros e cociñeiras. 

Notábase que había fame e houbo algún nerviosismo ante a tardanza en servir os bocadillos...

luns, 14 de outubro de 2024

A mellor sopa do mundo

O venres desfrutamos dun conto chulísimo chamado "A mellor sopa do mundo".

Encantounos!

Taller de Samaín

Da man dunha mamá da ANPA desfrutamos dun taller de Samaín no que pintamos a que vai ser a decoración da escola para celebrar esta festa tan terrorífica!!

E, no patio, atopamos unha preciosa mantis relixiosa.

xoves, 10 de outubro de 2024

Escuela de monstruos

Volvemos ter outro contacontos da man dun compi.
Desta vez tocou "Escuela de monstruos".

Encantounos!!

mércores, 9 de outubro de 2024

Escuela de monstruos

Hoxe desfrutamos dunha lectura sobre monstruos!!

Terrorífico! E máis tendo o Samaín á volta da esquina😱