luns, 16 de decembro de 2024

Taller do Instituto Galego de Consumo

Venres convertémonos en pequenos elfos, aprendendo a identificar que símbolos precisan ter os xoguetes para ser seguros para nós.
Tamén debuxamos un xoguete propio e agasalláronnos cunhas ceras e unha pulseira!

mércores, 11 de decembro de 2024

martes, 10 de decembro de 2024

Taller de Nadal

Onte pasámolo xenial no taller de Nadal a cargo dunha mamá do Anpa.

Pintamos bombillas con purpurina e elaboramos os nosos propios adornos. Isto custounos un pouco máis, pero fixémolo xenial!

mércores, 4 de decembro de 2024

Chegou o Nadal!

O Nadal está á volta da esquina e nós puxémonos mans á obra.

Quedounos a clase marabillosamente decorada, non vos parece?

mércores, 27 de novembro de 2024

Simultánea

Venres desfrutamos da exposición Simultánea, en Afundación.

Aprendemos sobre as cores e os distintos retratos de diferentes épocas.

E finalizamos deixando correr a nosa imaxinación e creatividade.

luns, 25 de novembro de 2024

25 de novembro

Hoxe, 25N, conmemoramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller escoitando á nosa compañeira Gaia lernos un conto sobre a importancia de respetar aos demais e as súas diferencias

E tamén rematamos o mural que elaboramos de maneira conxunta cos compis de Infantil.
E así de estupendo quedou!

xoves, 21 de novembro de 2024

Xogamos ás cartas

Tocou xogar cos números usando unha baraxa.

Leva as cartas da mesa quen tire o número máis alto.

Pero foi moi sinxelo para estes nenos e nenas... Outro día imos ter que complicalo máis!

venres, 15 de novembro de 2024

Samaín e Magosto

Cun pouco de retraso, comparto con vós a foto no photocall que tan estupendo lle quedou a nosa benquerida ANPA.


Que medo!