Como seguro que xa sabedes, a nosa bicho pau que temos na clase ten por nome Carmen.
Cada pouco imos buscarlle silvas para que coma, botámoslle auga e, para saber que está medrando ben, medímola e anotamos o resultado.
Aproveitamos cando lle limpamos o terrario para collela un pouquiño na man, sempre con moito coidado, que sabemos que é delicada.
Comentarios
Publicar un comentario