Este curso somos unha Escola Verde polo Clima, dentro do Plan Proxecta+. E para iso imos levar a cabo diferentes accións que contribúan a coidar do medioambiente.
Hoxe creamos o Comando Verde: un equipo encargado de tarefas como coidar da horta, coidar das plantas da escola, levar os residuos orgánicos ao composteiro, procurar que se faga unha separación de residuos axeitada...

E como agasallo de benvida ao Comando Verde, o noso alumnado recibiu un lapiz máxico que nunca se gasta!
Xa estamos preparados e preparadas para coidar da nosa contorna!

Ningún comentario:
Publicar un comentario